Sinatura do convenio de colaboración do ano 2024 co Concello de Santiago de Compostela
O 24 de maio de 2024 a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, María Rozas Pérez e o presidente da Cociña Económica de Santiago, Manuel José Botana Agra, asinaron o convenio de colaboración do ano 2024 entre ambas as institucións.
Este convenio ten por obxecto establecer os termos da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento do seguinte programa:
PROGRAMA PARA GARANTIR AS NECESIDADES DE MANUTENCIÓN BÁSICA A PERSOAS SEN RECURSOS DO ANO 2024 DA COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO.
O importe deste convenio de colaboración é de 60.000,00 euros para gastos de persoal e compra de aprovisionamentos durante o ano
Moitas gracias á cidadanía de Santiago de Compostela, representada pola súa concelleira.