Hoxe 27 de xuño o presidente da Cociña Económica de Santiago, Manuel Botana Agra asinou co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo o convenio de colaboración do ano 2022. Acto que tivo lugar no Concello e no que tamén estaba a concelleira responsable de Políticas Sociais Milagros Castro Sánchez e os representantes doutras entidades sociais da cidade, Cáritas Diocesana de Santiago, Proxecto Home e o Albergue Xoán XXIII, que tamén asinaron os seus convenios de colaboración.

 

A Cociña Económica recibirá do Concello a cantidade de 60.000,00 euros.