No BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña) número 123, do 29 de xuño de 2023 publícase a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA, FOAXE-C: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de Servizos Sociais no ano 2023.

 

Á Cociña Económica de Santiago concedéronlle 17.309,95 euros para o desenvolvemento do Programa de Acompañamento e Formación para persoas usuarias da Cocina Económica de Santiago no ano 2023, cantidade que corresponde ó 38,31 % do financiamento do proxecto.

No BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña) número 133, do 13 de xullo de 2023 publícase a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA, FOIE: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de Servizos Sociais no ano 2023.

                                               

 

                                     

Á Cociña Económica de Santiago concedéronlle 2.091,90 euros para a adquisición dunha impresora, dun triturador de cociña, de 28 xarras de aceiro inoxidable e para a instalación dun armario arquivador, cantidade que corresponde ó 58,67 % do financiamento do proxecto.