No BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña) número 111, do 13 de xuño de 2022 publícase a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA, FOIE: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de Servizos Sociais no ano 2022.

Á Cociña Económica de Santiago concedéronlle 3.621,78 euros para a adquisición de 28 mamparas de metacrilato para as mesas do comedor, 2 postes de cinta retráctil para o centro de día e unha nova porta das bombonas.