No BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña) número 102, do 31 de maio de 2022 publícase a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA, FOAXE-C: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de Servizos Sociais no ano 2022.
Á Cociña Económica de Santiago concedéronlle 20.500,00 euros para o desenvolvemento do Programa de Acompañamento e Formación para persoas usuarias da Cocina Económica de Santiago no ano 2022, cantidade que corresponde ó 47,70 % do financiamento do proxecto.
No BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña) número 111, do 13 de xuño de 2022 publícase a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA, FOIE: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de Servizos Sociais no ano 2022.
Á Cociña Económica de Santiago concedéronlle 3.621,78 euros para a adquisición de 28 mamparas de metacrilato para as mesas do comedor, 2 postes de cinta retráctil para o centro de día e unha nova porta das bombonas.