11/10/2018
SUBVENCIÓN PROGRAMAS SERVIZOS SOCIAIS 2018 DEPUTACIÓN A CORUÑA
Hoxe publicouse no BOP a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAXE: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2018.
Nesta resolución concedeúselle á Cocina Económica de Santiago unha subvención de 12.500,00 euros para o desenvolvemento de actividades de apoio persoal ás persoas usuarias da Cocina Económica de Santiago (Emprego, lecer, habilidades sociais, hixiene, orientación e acompañamento social).