Por resolución do 11 de outubro de 2016 da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social, concedeuse á Cocina Económica de Santiago unha subvención de 150.000 euros para a reforma e mellora do comedor e outra do mesmo importe para a adquisición e equipamento da cociña e mobiliario para o comedor, esta operación está cofinanciada pola Unión Europea dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Sendo o seu lema "Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social. Unha maneira de facer Europa"
Estas subvencións están incluidas na convocatoria do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
Moitas gracias.