12/05/2016
VISITA A FUNDACIÓN SGAE
Unha vez finalizado o Obradoiro de radio (comentarios sobre cultura musical) levado a cabo por un dos participantes do Centro de Día, realizamos unha saída cultural para ver as instalacións e a labor que desempeña a Fundación SGAE. Tamén puidemos obsevar os recunchos mais reservados de grabacións, edicións de video e edicións musicais que se levan a cabo nestas instalacións, así como o traballo que levan a cabo para velar polos artistas que moitas veces non poden vivir da súa creación/obra.