16/02/2016
SAÍDA CULTURAL AO MUPEGA

Dentro das actividades extraordinarias do Centro de Día, están as saídas culturais. O 16 de febreiro visitamos o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) no que se fixo un percorrido guiado sobre as expresións educativas que poñen de manifesto a variedade e a riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia.
Despois da visita fixemos unha pequena parada en San Lázaro, para tomar un cafe todos/as xuntos/as e charlar de xeito distendido sobre a actividade realizada.