Dende a o Centro de Día valoramos os esforzos que as persoas fan para mellorar as súas situacións de risco ou exclusión social grave. Deste xeito, premiamos valores como a participación e o empoderamento e sobretodo a aprendizaxe continua.
Con esta actividade premiase mes a mes o esforzo e o exercicio de responsabilidade que cada persoa fai para axudarse a si mesmo no día a día. Do mesmo xeito, anímase a que cada persoa poida mellorar sempre, pasiño a pasiño, a súa situación. Incidese sempre tamén, na recompensa persoal (primordial mellorando a súa autoestima) e un "premio" social/colectivo dende o equipo do Centro de Día, intentando cubrir unha necesidade material.
Deixamosvos aquí o rexistro fotográfico da celebración do/a participante do mes de setembro.