22/05/2015
Aniversario/Asemblea
Este venres celebramos o 5º Aniversario da apertura do Centro de Día da Cociña Económica un 18 de maio de 2010. Para isto,decidimos realizar unha asemblea extraordinaria/avaliación/coloquio para recibir a opinion dos/as participantes sobre o servizo que se presta. Do mesmo xeito,aprobeitouse a ocasión para animar os/as participantes a exercer o seu dereito e deber democrático de votar.
Proporcionouse información sobre todas as alternativas políticas para Santiago de Compostela e levouse a debate todas as propostas. Como se pode apreciar nas fotografías,pechamos a sesión comendo a tarta do aniversario e uns refrescos.