08/10/2014
OBRADOIROS DE RECICLADO DE PAPEL

Dende o próximo 15 de outubro ata Nadal, cada mércores, realizarase un obradoiro de reciclado de papel. O horario será de 16:00 a 18:00 horas e non suporá ningún tipo de desembolso para os participantes. Os obxectos a realizar son de gran utilidade e as distintas técnicas permitirán ós participantes adquirir novos xeitos de lecer produtivo.